Saltar ao contido principal

Día da Internet Segura 2022

O 8 de febreiro celébrase o Día Internacional da Internet Segura. Convídovos a ver os actos promovidos polo INCIBE, que é o noso organismo de referencia en canto a este tema.
Co gallo deste día conmemorativo veño a contarvos que para o noso alumnado levamos un mes nos que todos os días son ciberseguros e para iso estamos levando a cabo un proxecto, que desvelaremos pouco a pouco para converter esta comarca tan bonita como é O Ribeiro nunha sociedade informada e ciberresponsable.

De momento déixovos coa entrada do blog de David de 2º Bacharelato. Nela explica que é a seguridade informática mediante este mapa conceptual (pincha na imaxe para ir ao blog de David)


Seguridade informática




Comentarios

Publicacións populares deste blog

¿Qué pasa coas cookies?

 🍪🍪🍪A nosa alumna Nerea no seu blog Informatízate , danos unha pílula sobre esa mensaxe tan molesta que aparece cando accedemos a calquera páxina web. Podes ver esta imaxe tan chula que fixo para axudarnos a protexer os nosos equipos e mantelos limpiños.

¿Usas ben os dispositivos informáticos?

 O noso alumnado de 2º Bacharelato fixo unha enquisa para saber cómo de ciberseguros somos os veciños e veciñas de O Ribeiro. Dividíronse en grupos e elaboraron o cuestionario online que difundirun por diferentes medios.  Despois cada un analizou os resultados obtidos nunha entrada no blog. Aquí podedes consultar a de Ismael que está moi completa Blog de Ismael "Seguridade informática no Ribeiro"