Hoxe o noso alumnado de 3º ESO participou nunha videocharla organizada polo Museo do Ferrocarril de Madrid para salientar o traballo das mulleres científicas e enxeñeiras que traballan ou traballaron no mundo do tren. Antes da charla proxectouse un video onde a Ministra de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana dedicou unhas palabras de ánimo para incentivar ás nenas a realizar carreiras técnicas e científicas e poder romper coa brecha de xénero que incrementouse nos últimos anos. Despois, Dna. Cristina Ortega, Xefa de Sistemas e Dixitalización de Renfe, resaltou a importancia da tecnoloxía e informática no transporte ferroviario e tamén noutros ámbitos da vida, mostrando que son disciplinas que dan resposta a necesidades e resolven problemas diarios. Contou ademáis o que a animou a estudar Enxeñería Informática, nunha época na que non había tanta información como agora, e a súa traxectoria en empresas como a ONCE ou Iberia. Non quedou tempo para preguntas por problemas técnicos que