Saltar ao contido principal

¿Qué compoñentes teñen os ordenadores?

O alumnado de 4º ESO de TIC o sabe moi ben. E para axudar aos demais a coñecer o hardware levaron a cabo un proxecto en grupo.

Cada grupo fixo un cartel con códigos QR a través dos cales podemos acceder á información do componente que queramos. Temos tres modelos de cartel cada cal máis feitiño!

Saca o móbil e aprende de compoñentes informáticos!





Comentarios

Publicacións populares deste blog

¿Usas ben os dispositivos informáticos?

 O noso alumnado de 2º Bacharelato fixo unha enquisa para saber cómo de ciberseguros somos os veciños e veciñas de O Ribeiro. Dividíronse en grupos e elaboraron o cuestionario online que difundirun por diferentes medios.  Despois cada un analizou os resultados obtidos nunha entrada no blog. Aquí podedes consultar a de Ismael que está moi completa Blog de Ismael "Seguridade informática no Ribeiro"

Día da Muller e a Nena na Ciencia 2022

Hoxe o noso alumnado de 3º ESO participou nunha videocharla organizada polo Museo do Ferrocarril de Madrid para salientar o traballo das mulleres científicas e enxeñeiras que traballan ou traballaron no mundo do tren. Antes da charla proxectouse un video onde a Ministra de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana dedicou unhas palabras de ánimo para incentivar ás nenas a realizar carreiras técnicas e científicas e poder romper coa brecha de xénero que incrementouse nos últimos anos. Despois, Dna. Cristina Ortega, Xefa de Sistemas e Dixitalización de Renfe, resaltou a importancia da tecnoloxía e informática no transporte ferroviario e tamén noutros ámbitos da vida, mostrando que son disciplinas que dan resposta a necesidades e resolven problemas diarios. Contou ademáis o que a animou a estudar Enxeñería Informática, nunha época na que non había tanta información como agora, e a súa traxectoria en empresas como a ONCE ou Iberia.   Non quedou tempo para preguntas por problemas técnicos ...