Saltar ao contido principal

Publicacións

¿Qué pasa coas cookies?

 🍪🍪🍪A nosa alumna Nerea no seu blog Informatízate , danos unha pílula sobre esa mensaxe tan molesta que aparece cando accedemos a calquera páxina web. Podes ver esta imaxe tan chula que fixo para axudarnos a protexer os nosos equipos e mantelos limpiños.
Publicacións recentes

¿Usas ben os dispositivos informáticos?

 O noso alumnado de 2º Bacharelato fixo unha enquisa para saber cómo de ciberseguros somos os veciños e veciñas de O Ribeiro. Dividíronse en grupos e elaboraron o cuestionario online que difundirun por diferentes medios.  Despois cada un analizou os resultados obtidos nunha entrada no blog. Aquí podedes consultar a de Ismael que está moi completa Blog de Ismael "Seguridade informática no Ribeiro"

Día da Muller e a Nena na Ciencia 2022

Hoxe o noso alumnado de 3º ESO participou nunha videocharla organizada polo Museo do Ferrocarril de Madrid para salientar o traballo das mulleres científicas e enxeñeiras que traballan ou traballaron no mundo do tren. Antes da charla proxectouse un video onde a Ministra de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana dedicou unhas palabras de ánimo para incentivar ás nenas a realizar carreiras técnicas e científicas e poder romper coa brecha de xénero que incrementouse nos últimos anos. Despois, Dna. Cristina Ortega, Xefa de Sistemas e Dixitalización de Renfe, resaltou a importancia da tecnoloxía e informática no transporte ferroviario e tamén noutros ámbitos da vida, mostrando que son disciplinas que dan resposta a necesidades e resolven problemas diarios. Contou ademáis o que a animou a estudar Enxeñería Informática, nunha época na que non había tanta información como agora, e a súa traxectoria en empresas como a ONCE ou Iberia.   Non quedou tempo para preguntas por problemas técnicos que

Día da Internet Segura 2022

O 8 de febreiro celébrase o Día Internacional da Internet Segura. Convídovos a ver os actos promovidos polo INCIBE , que é o noso organismo de referencia en canto a este tema. Co gallo deste día conmemorativo veño a contarvos que para o noso alumnado levamos un mes nos que todos os días son ciberseguros e para iso estamos levando a cabo un proxecto, que desvelaremos pouco a pouco para converter esta comarca tan bonita como é O Ribeiro nunha sociedade informada e ciberresponsable. De momento déixovos coa entrada do blog de David de 2º Bacharelato. Nela explica que é a seguridade informática mediante este mapa conceptual (pincha na imaxe para ir ao blog de David)

¿Qué compoñentes teñen os ordenadores?

O alumnado de 4º ESO de TIC o sabe moi ben. E para axudar aos demais a coñecer o hardware levaron a cabo un proxecto en grupo. Cada grupo fixo un cartel con códigos QR a través dos cales podemos acceder á información do componente que queramos. Temos tres modelos de cartel cada cal máis feitiño! Saca o móbil e aprende de compoñentes informáticos!